Sen fachós en Castro Caldelas por primeira vez na súa historia
Publicado o 19/01/2021 20:59
Un ano normal estas imaxes dos fachóns non terían que ser de arquivo.
Entenden que este 19 de xaneiro é imposible, e polas restricións só catro poden quedar para compartir lembranzas e facer uns fachós como levan facendo dende hai tantos anos.
A festa dos fachós ten case tres séculos de historia.
Naceu tras unha peste e só outra peste, a do coronavirus, puido interrompela.
E hai quen non se resistiu a sacar de procesión a San Sebastián.
Oxalá no século XXI este lume axudase tamén a desinfectar para acabar coa pandemia.