CRTVG

Buscar

O Imserso non pon data ao inico do programa de termalismo social que debería comezar dentro de dez días

Publicado o 21/09/2021 14:51

Uns 3.000 maiores gozan cada ano dos programas de termalismo neste balneario de Mondariz. Son só algúns dos case 300.000 que se apuntan ás viaxes do Imserso para xubilados en balnearios de toda España.

Segundo a directora médica do Balneario de Mondariz, Laura Gómez Sanmiguel, "o que estamos a ver agora é que as persoas que veñen aos balnearios é por mor dunha secuela poscovid, ou na meirande parte son persoas ás que lles afectou o confinamento, o illamento, e aos que ao estaren encerrados, non puideron facer as súas actividades cotiás".

Dez días antes do comezo do programa de termalismo social do Imserso ninguén sabe nada del. A Asociación Nacional de Balnearios xa advertiu de que emprenderán accións legais se a administración do Estado incumpre o seu compromiso. Son viaxes de saúde e lecer que tamén supoñen un pulo para a economía.

O turismo termal, do que dependen máis de 7.000 postos, foi un dos sectores máis castigados economicamente pola pandemia, e están á espera de que as viaxes do Imserso axuden a recuperar o investimento que tiveron que facer en medidas de seguridade e hixiene.

Noticias web

21/09/2021