Segundo día de loito en Cangas polo falecemento de Pilar
• Unha moza de Cangas, unha das dúas vítimas españolas no avión de Etiopía
• Recuperan as caixas negras
No avión que se estrelou onte en Etiopía había unha galega. É natural de Cangas, da parroquia de Darbo. Era a primeira vez que Pilar Martínez Docampo, de 32 anos de idade, viaxaba a África como cooperante. Hai 15 días estivera na casa familiar en Darbo, onde explicou o seu proxecto de ir a Kenya cunha ONG para ensinarlles aos nenos a falar inglés. Pilar levaba vivindo el Londres dende hai sete anos e xa falaba de facer outra viaxe a Mozambique. A familia descoñece, polo de agora, os detalles relacionados coa repatriación do cadáver.
A maioría aínda trataba de asimilar a noticia da morte da súa veciña nun accidente aéreo cando voaba con destino a Nairobi, en Kenya. Pilar Martínez Docampo tiña 32 anos e era natural da parroquia canguesa de Darbo, onde viven os seus pais e os seus irmáns. Os veciños están consternados.
Pilar era membro dunha oenegué e é unha das dúas vítimas españolas do sinistro en que faleceron 157 persoas. No Concello de Cangas as bandeiras ondean a media hasta e decretáronse tres días de loito oficial.
Polo momento, descoñécense as causas do accidente do avión, un modelo de Boeing novo, adquirido o ano pasado. A aeronave esnafrouse poucos minutos despois da engalaxe.