Sen billetes para visitar a catedral de Santiago pola noite nos próximos días
Non chega a cousa a ter que ir dando puñazos para conseguir entradas ás visitas da catedral, pero case. Comprobamos que todo o catedralicio interesa, e moito. Sobre todo, acceder ao interior.
Pero as dúbidas catedralicias no Obradoiro son constantes e variadas.
Moitos non saben que, desde esta noite, en dúas quendas, ás dez e media e ás once, en grupos de 25 persoas, será posible visitar a catedral de noite, con guía. Por 25 euros.
Sen billetes de momento ata finais de agosto para entrar na catedral de noite e visitar lugares que non son accesibles normalmente. O tesouro, Tribuna, Capela das Reliquias.
Para ver o Pórtico da Gloria agora mesmo hai que esperar a primeiros de setembro. Na web entradas.catedraldesantiago.es están os billetes, que, coa demanda que hai, están sendo para os máis rápidos.