CRTVG

Buscar

Lonxe o acordo no Parlamento de Galicia sobre a repartición dos fondos europeos de recuperación

Publicado o 28/12/2020 16:15

No Parlamento galego, o PP ve difícil que haxa acordo total entre os partidos nas conclusións da comisión de reactivación. Un dos puntos onde hai máis discrepancias é o da repartición dos fondos europeos na nosa comunidade.

O voceiro do PSdeG Gonzalo Caballero asegura que carecen de "moita información suficiente", xa que o PPdeG "nin tan sequera trasladou os 108 proxectos en que quere basear a posibilidade de recuperación".

Pola súa banda, os populares din que queren chegar a acordos, mais que están dispostos a aproveitar "esta oportunidade para transformar o tecido produtivo" con "independencia de que a oposición decida emprender unha vía autónoma e non apoiar os proxectos que o goberno está a propoñer", asevera Pedro Puy, voceiro popular.

Noticias web

28/12/2020