CRTVG

Buscar

Sen acordo entre o Celta e a Sampdoria polo traspaso de Murillo

Publicado o 31/08/2020 16:01

O Celta segue co equipo a medio facer e con varias frontes abertas que non acaban de concretarse. Unha desas frontes é Jeison Murillo.

O central colombiano demostrou ser a peza que precisa o Celta para dar solidez á defensa. O acordo co futbolista é total pero o Celta segue sen chegar a un etendemento coa Sampdoria. Os italianos queren vender e o prezo de partida é de 14 millóns de euros. O Celta quere unha cesión con opción de compra. Aí reside o problema. 

Noticias web

31/08/2020