CRTVG

Buscar

"Sempre vas ao que ten mellor pinta, pero se non está pasada vale o mesmo"

Publicado o 12/10/2021 15:38

"Non hai produto alimentario máis caro que aquel que acaba no lixo, aquel que se desperdicia", aseguraba este martes o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas.

É a mensaxe que lanza o Goberno para sacar adiante a primeira lei contra o desperdicio de alimentos. As tendas deberán fomentar a venda de produtos "feos", aqueles que os consumidores non lle entran polo ollo pero que están en condicións óptimas de consumo. Os comerciantes ven todos os días como a xente desbota os produtos imperfectos.

As tendas de máis de 400 metros cadrados deberán dispoñer dun lineal específico onde se expoñan estes produtos en perfectas condicións para o seu consumo. O obxectivo: evitar o desperdicio de comida, xa que o ano pasado os fogares españois tiraron ao lixo máis de 1.300 millóns de quilos de alimentos.

Os restaurantes tamén terán que ofrecerlles aos clientes a posibilidade de levar a comida que non consuman nos seus locais, algo que moitos xa levan facendo desde hai tempo.

E cada vez máis clientes se animan a facelo. A nova lei contra o desperdicio alimentario tamén fomentará a doazón dos produtos sobrantes a entidades sociais.

Noticias web

12/10/2021