CRTVG

Buscar

Semana marcada polas fortes treboadas e chuvia, sobre todo, en Ourense

Publicado o 20/06/2021 16:18

A treboada chegou cunha agresividade nunca vista na cidade de Ourense e o vento levou por diante o teito do pavillón municipal dos Remedios, pero tamén de moitos edificios, árbores caídas e rúas cortadas, iso o domingo. Nesa xornada rexistráronse, segundo Meteogalicia, 32,2 litros por metro cadrado e unha morea de danos.

As intensas treboadas continuaron toda a semana, con raios e tronos e máis precipitacións. O mércores rebentaron os sumidoiros e as rúas da zona vella como a Colón semellaban auténticos ríos provocando asulagamentos en moitos negocos. Unha semana de moito traballo en que os bombeiros da cidade se viron desbordados polas incidencias.

Quedan aínda danos visibles nos teitos, nos parques e nas rúas, pero pouco a pouco vaise recuperando a calma.

Ás portas do verán as treboadas e a chuvia xa fartan.

Polo de agora, seguirá chovendo polo menos ata o martes, non se desbotan novas treboadas e o tempo é fresco. As temperaturas pasaron dos 35 aos 20 de máxima en Ourense.

Noticias web

20/06/2021