Semana decisiva para os traballadores de Alcoa
Publicado o 20/07/2020 14:45
Os traballadores de Alcoa iniciaron hoxe unha folga indefinida nunha semana que se presenta decisiva para o futuro da factoría de San Cibrao.
Retomáronse esta mañá as negociacións do ere, cuxo período de consultas remata este venres. A empresa négase a ampliar o prazo tal como piden os traballadores xa que as xuntanzas previas non se puideron celebrar polo confinamento na Mariña.
Esta tarde os representantes dos traballadores entrevístanse co secretario de Industria.