CRTVG

Buscar

Semana de concertos e foro de luthiers no XV Festival de Música no Claustro da Catedral de Tui

Publicado o 05/08/2021 15:45

A catedral de Tui sempre invita a entrar, pero esta semana máis. A calquera hora o visitante pódese sorprender cos ensaios dalgún dos profesionais que participan nas estancias que ofrecen aquí facilitar o acceso de organistas de todo o mundo ao valioso arquivo musical da catedral.

"A sensación é moi emocionante porque hai un certo tipo de sonoridade na catedral", di Davide, un organista italiano que obtivo unha das residencias artísticas da Catedral.

Amáis dos ensaios ofrecen tamén concertos no marco da edición número quince do Festival Música no Claustro. A sonoridade que da este marco é especialmente valorada polos que actúan aquí.

"Evidentemente, a acústica con esta reververación natural co tipo de instrumentos tradicionais que nós temos é moi acaída", confirma Anxo Pintos, músico, membro do dúo PÄRBO.

Nesta edición o Festival inclue ademais un encontro entre músicos e luthiers no Foro Profesional de Instrumentos Musicales, un evento que tenta resaltar o prestixio dos artesáns musicais de Galicia.

"Somos un sector moi potente, que ten moita proxección a nivel europeo desde Galicia e temos que buscar formatos para aglutinar aínda o sector e ter máis peso", asegura José Catoira, un dos luthiers participantes.

Músicos de toda Europa dan fe da boa man dos artesáns galegos e algunhas dos seus instrumentos, coma o violín de Anxo Pìntos, resoarán estes días entre os arcos medievais desta catedral de Tui.

Noticias web

05/08/2021