CRTVG

Buscar

Seis radares fixos nun tramo de 10 km fan da A-55 unha das vías con maior número de multas

Publicado o 22/02/2021 15:32
Seis radares fixos nun tramo de 10 km fan da A-55 unha das vías con maior número de multas

A autovía A-55, que une Vigo con Tui, é unha das de maior sinistralidade, pero tamén unha das que maior número de sancións rexistra.

Un trazado moi perigoso herdado da antiga estrada nacional, a mala conservación do firme e unha altísima intensidade de tráfico, boa parte del pesado, con orixe ou destino nos polígonos industriais de Vigo, Mos ou O Porriño, fan da autovía A-55 unha das que máis accidentes rexistra e unha das que máis multas certifica.

A Dirección Xeral de Tráfico ten instalados nun tramo de menos de 10 quilómetros seis radaxes fixos. Un deles, o que está situado en Puxeiros, rexistra diariamente unhas 60 infracións por superar o límite de velocidade, que nesta zona sitúase nos 60 quilómetros por hora.

Noticias web

22/02/2021