Seis positivos nunha familia do Porriño e trinta illados en Vigo tras un positivo durante un paseo en barco pola ría
Os positivos están Illados no Porriño, na súa casa. Desde o centro de Saúde controlan na distancia, preferentemente vía telefónica, a necesidade ou non de facer máis probas, que se realizan no hospital, en Vigo. De momento, percibimos tranquilidade entre os veciños, aínda que moitos suxiren que tal vez o primeiro positivo, o que presuntamente contaxiou os outros cinco, non tomou as medidas protectoras axeitadas.
Toma de temperatura antes de entrar no centro de saúde. É o protocolo habitual, xa o era antes de que se coñecesen, hai unhas horas, os positivos no Porriño. Son todos da mesma familia.
Os positivos están illados na casa. Mentres, os rastrexadores epidemiolóxicos seguen buscando posibles novos casos.
O brote de coronavírus do Porriño é o primeiro da área sanitaria de Vigo desde a fin do confinamento. Ademais, un positivo dunha moza en Vigo ten en illamento unha trintena de persoas. A rapaza participou nunha festa de aniversario e noutra celebracion con xente nun barco.