CRTVG

Buscar

Seis obreiros intoxicados en Vigo por inhalación de monóxido de carbono mentres traballaban

Publicado o 14/07/2020 15:56

En Vigo seis obreiros tiveron que ser trasladados a un centro hospitalario por inhalación de monóxido de carbono cando traballan nun garaxe.
Aconteceu nun edificio desta rúa Fernando Conde. As máquinas de ventilación do interior do garaxe deixaron de funcionar e coa perda de oxíseno moitos comezaron a sentir mareos e vómitos.

Ata alí desprazáronse varias ambulancias do 061 para atender estes traballadores, a Policía Local e tamén os bombeiros que tras realizar as pertinentes medicións tiveron que expulsar o C02 acumulado.

Noticias web

14/07/2020