CRTVG

Buscar

Seis novos positivos tras un cribado a socorristas en Sanxenxo

Publicado o 17/07/2021 16:53
Seis novos positivos tras un cribado a socorristas en Sanxenxo

Grazas a un cribado que se realizou o venres pola tarde a 69 socorristas que traballan en Sanxenxo, puidéronse detectar 6 novos positivos pola covid. Así mesmo, hai outras 5 persoas que seguirán illadas por considerárense contactos estreitos. 

Son xa 22, 8 positivos e 14 contactos estreitos, os socorristas que non poden prestar servizo. O cadro de persoal componse de 80 efectivos, segundo apunta o Concello. Dous areais que seguen sen servizo son os da Lapa e A Nosa Señora da Lanzada.

Sanxenxo conta con 213 casos activos, segundo as cifras do consistorio e atópase no nivel medio de restricións. Isto significa que no tocante á hostalería os locais poden abrir as terrazas ao 50 % e ao 30 no interior. Unha situación que afecta tamén ao ocio nocturno, onde se require o certificado de vacinación completa ou unha PCR efectuada nas 72 horas previas.

 

Noticias web

17/07/2021