CRTVG

Buscar

Seis novas mortes coa covid-19 en Galicia nun día en que volven baixar os casos activos

Publicado o 17/11/2020 20:19

O Sergas notificou o falecemento nas últimas 24 horas de seis persoas que foran diagnosticadas con coronavirus en Galicia.

Eran unha muller de 88 anos. que faleceu no CHUAC; un home de 97 anos, que morreu no CHUAC; unha muller de 95 anos, no HULA; un home de 84 anos, no Hospital do Barco de Valdeorras; unha muller de 78 anos, no CHUVI, que procedía da residencia de Salvaterra de Miño, e un home de 83 anos, que faleceu no CHUVI.

Todos eles tiñan patoloxías previas.

Coas novas mortes rexistradas, a cifra total de vítimas mortais da pandemia na comunidade autónoma ascende a 1.092.