CRTVG

Buscar

Seis mortos e numerosos danos materiais por un temporal no Río de Xaneiro

Publicado o 08/02/2019 11:51

Un temporal de chuvia e vento causou seis mortos no Río de Xaneiro o mércores pola noite. Os estragos son cuantiosos. O vento chegou ata os 110 quilómetros por hora. En catro horas choveu o normal para todo o mes de febreiro. As precipitacións causaron inundacións e corrementos de terra. Calcúlase que unhas 80.000 familias quedaron en áreas de risco.

Noticias web

08/02/2019