CRTVG

Buscar

Seis mortos e 30 feridos por francotiradores nunha protesta pacífica en Beirut

Publicado o 15/10/2021 08:39
Seis mortos e 30 feridos por francotiradores nunha protesta pacífica en Beirut

Recrúa a tensión nas rúas de Beirut, no Líbano. Disparos de francotiradores contra os manifestantes que participaban nunha protesta pacífica. Hai polo menos seis mortos e trinta persoas feridas.

Volve a violencia sectaria que nos anos 80 enfrontou a xiítas con cristiáns. É o enfrontamento máis grave dende a guerra civil que partiu o país en dous durante quince anos.  

Noticias web

15/10/2021