CRTVG

Buscar

Seis mortes máis elevan a 1.386 a cifra de falecidos en Galicia pola covid

Publicado o 29/12/2020 20:08
Seis mortes máis elevan a 1.386 a cifra de falecidos en Galicia pola covid

Seis mortes máis notificadas este martes elevan a 1.386 os falecementos por mor do coronavirus desde o inicio da pandemia en Galicia, segundo datos de Sanidade.

Os decesos son os dunha muller de 94 anos, outra de 83 e un home de 49 no CHUVI de Vigo; un home de 86 no CHUF de Ferrol e unha muller de 93 no CHUS de Santiago. Un home de 80 anos morreu na residencia Vila do Conde, de Gondomar (Pontevedra).

O Servizo Galego de Saúde indica que todas estas persoas presentaban patoloxías previas.