CRTVG

Buscar

Seis mortes máis elevan a 1.287 as vítimas da pandemia en Galicia

Publicado o 09/12/2020 21:10
Seis mortes máis elevan a 1.287 as vítimas da pandemia en Galicia

Galicia alcanzou este mércores os 1.287 falecementos desde o inicio da pandemia por covid-19, despois de que nesta xornada a Consellería de Sanidade notificase seis mortes máis por mor desta enfermidade.

Unha muller de cen anos morreu no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e procedía da residencia San Antonio de Beariz, mentres que nese mesmo complexo médico faleceron un home de 86 anos, do mesmo xeriátrico, e outro home de 77. 

Un home de 88 anos morreu no seu domicilio da área sanitaria de Ferrol, nas Pontes; unha muller de 85 no Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra (era usuaria da residencia Soremay) e unha última muller de 92 morreu no CHOP, en Pontevedra, tamén dese mesmo xeriátrico.

O Servizo Galego de Saúde indica que os falecidos tiñan patoloxías previas.