Seis intoxicados cando limpaban un garaxe en Vigo
Publicado o 13/07/2020 21:09
Seis operarios resultaron intoxicados nun garaxe do centro de Vigo, onde traballaban cunha máquina de gasolina para o puído do chan. Había moi pouca ventilación e, debido á emisión de gases da máquina, quedaron sen osíxeno. Ao sentirse mareados pediron auxilio. Foron trasladados ao hospital con síntomas de intoxicación por dióxido de carbono. Os bombeiros actuaron na zona para baleirar de CO2 o garaxe, situado na rúa Fernando Conde.