CRTVG

Buscar

Os sete detidos entre O Salnés e A Guarda nunha operación de narcotráfico xa están no cárcere

Publicado o 02/04/2020 21:34

Entra no cárcere o último dos detidos no marco da operación Lince contra o tráfico de droga. Arrestárano o luns en Cambados e foi o último en declarar este xoves ante a xuíza que instrúe o caso.

Con el, son 7 os integrantes da rede que están xa en prisión. Pero a operación continúa aberta e non se descartan novos arrestos nas próximas horas.

Lembramos que a organización intentou introducir o pasado sábado 3.700 kg de cocaína pola ría de Arousa a bordo de dúas planadoras.

Os primeiros detidos foron un home da Illa de Arousa e un peruano. Prendéronos cando a súa lancha embarrancou na desembocadura do Umia en Ponte Castrelo, Cambados.

O domingo detiveron outra persoa en Cambados e catro na Guarda. Aquí vive o presunto líder da organización, o home que supostamente usou a embarcación auxiliar con bandeira peruana para traer a droga ao noso país.

As dúas planadoras fuxiron tirando ao mar boa parte dos fardos. A droga apareceu nas últimas horas en Aguiño, Ribeira e A Guarda.

Entre os investigados están vellos coñecidos das forzas da orde como Antolín Fernández Pajuelo.

Noticias web

02/04/2020