Seis detidos nunha operación conxunta da Policía Nacional e a Garda Civil en Pontevedra
Publicado o 26/05/2021 13:38

Polo menos media ducia de detidos nunha operación conxunta de Policía Nacional e a Garda Civil en Pontevedra. Os axentes practicaron diversos rexistros en múltiples escenarios, tanto da capital da provincia como da cidade de Vigo.
A operación está dirixida polo Xulgado de Instrución número 5. No dispositivo participaron ducias de axentes. As actuacións, dirixidas a combater o tráfico de drogas a pequena escala, permanece baixo segredo de sumario.