Seis detidos en Vigo na operación policial contra os carnés de conducir venezolanos falsos
Publicado o 21/04/2021 20:39
Son máis de 800 carnés de conducir venezolanos falsos que se vendían por 90 dólares nas redes sociais para ser trocados por permisos de conducir españois. Como resultado da operación policial seuspendeuse temporalmente o trámite de validación polo carné español.
Unha medida que afecta tamén os que tiñan o documento legal. Anderson é retornado venezolano e transportista, e asegura que a súa validación é anterior á onda de falsificacións. Porén, tivo que entregar en Tráfico o carné, e sen el non pode traballar.
Como Anderson, cóntannos na asociación de venezolanos de Pontevedra, hai máis. É a cara b dunha operación policial que, amais de incautarse dos carnés falsos, detivo máis de 800 persoas, seis delas en Vigo.