CRTVG

Buscar

Seis clientes responden con violencia nun bar do Milladoiro cando chega a hora do peche

Publicado o 23/04/2021 14:37

O vídeo foi gravado dende un piso en frente do local. Pasan poucos minutos das nove, a hora de peche, pero algúns clientes néganse a marchar. Foron seis persoas as que actuaron con esta violencia, segundo o relato dun camareiro, que chegou a ser golpeado na cabeza cunha botella e quedou ferido. Mirta Fiordaliza Soto Isabel, que é propietaria doutro bar nas inmediacións, viu fuxir os agresores.

"Viñan apurados, por iso pensaban os clientes tamén que era que a policía entrara", relata. Segundo conta Mirta, "o rapaz do bar quería pechar, díxolles que non lles ía vender e aí veu todo o barullo. Estamos vivindo así, agora no Milladoiro estase vivindo así. Ti pídelles aos clientes que por favor van pechar os bares e dinche que faltan dez minutos, faltan cinco minutos pero ti dislles que ás nove tes que estar pechada".

Mirta asegura que en moitas ocasións ten problemas para pechar porque a clientela non respecta os horarios impostos pola covid. A Garda Civil sostén que se trata dun caso illado e continúa a investigación sobre o acontecido neste local do Milladoiro.

Noticias web

23/04/2021