CRTVG

Buscar

Segundo Tour consecutivo para un Pogacar intratable

Publicado o 19/07/2021 13:42

A mil trescentos quilómetros de París, na pequena aldea de Konemda ás aforas de Liubliana, a capital eslovena, soaba o acordeón para celebrar o segundo Tour de Tadej Pogacar con tan só 22 anos.

"A camisola amarela chegou a Eslovenia por segunda vez ... e a terceira, e a cuarta, quinta. Pogi [Pogacar] eres o mellor"

Estou moi feliz de experimentar isto aos meus 70 anos. Nada máis que dicir ... o noso rei, el é o noso home"

Pogacar gañou o Tour de Francia por segundo ano consecutivo logo dunha moi cerimonial última etapa con clásico final nos Campos Elíseos.

O corredor do Team Emirates defendeu con éxito a súa enorme vantaxe de máis de 5 minutos e 20 segundos sobre o danés Jonas Vingegaard, coa que chegou á capital francesa. O ecuatoriano Richard Carapaz acabou terceiro a sete minutos do líder esloveno.

Pogacar gañou o seu primeiro Tour aínda non hai un ano, en setembro do 2020, converténdose no campión máis novo da ronda francesa en 116 anos.

O campión gañou tres etapas nesta edición do Tour e, amais da clasificación xeral, del foron tamén o xersei da montaña e o de ciclistas novos. Con todo, o rapaz, non quere nin escoitar falar da súa condición de 'aprendiz de caníbal'.

TADEJ POCACAR. Gañador do Tour 2021
"Non, non ... Un pequeno canibal? Veña ou! De onde sacas iso? ... Non, non ... no no creo"

Para Pogacar é un sacrilexio a comparación con Eddy Merckx, alcumado o canibal por como devoraba aos seus rivais e non perdía nin ao tute. Mais o certo é que o belga gañou cinco tours e Tadej xa leva dous. Merckx gañou o primeiro con 24 anos e Pogacar dous sen ter cumpridos os 23.

TADEJ POCACAR. Gañador do Tour 2021
"No no sei. Non sei si vou estar motivado os vindeiros anos. Pero o que vén, vén despois e non vou estresar por iso"

Noticias web

19/07/2021