CRTVG

Buscar

Segundo atraco, pistola en man, nunha farmacia da Coruña

Publicado o 13/02/2019 15:02

Unha farmacia do barrio dos Mallos, na Coruña, sofre un atraco. O asaltante, armado cunha pistola e coa cara cuberta, entrou ás sete da tarde e levou os cartos da caixa, uns 400 euros. Logo fuxiu rapidamente sen ferir ninguén.

No momento do atraco só estaba a encargada. A Policía Nacional está a investigar se o caso está relacionado con outro atraco á farmacia Elviña hai unha semana, con características moi similares.

Noticias web

13/02/2019