Barcelona lembrou o segundo aniversario dos atentados das Ramblas e Cambrils
• Homenaxe institucional polas vítimas dos atentados
• Os familiares denuncian o olvido e piden memoria e dignidade
Barcelona conmemora hoxe o segundo aniversario dos atentados das Ramblas e Cambrils. Por desexo das familias das vítimas faranse actos curtos e sen discursos políticos.A homenaxe institucional celebrarase en memoria dos 16 falecidos e os 137 feridos. Unha das asociacións de vítimas fará o seu propio acto a partir das once e media da mañá.
A investigación dos atentados está en fase de finalización e o xuízo celebrarase previsiblemente no 2020. Sentaranse no banco dos acusados tres persoas. Impútanselles delitos por colaboración e integración en grupo terrorista, posesión e fabricación de explosivos. Ningún deles se procesa por asasinato.
A Audiencia Nacional non ve probas de que participasen de forma directa nos atentados. Os autores principais faleceron: o imán de Ripoll, suposto cerebro dos atentados, morreu na explosión de Alcanar, o condutor da furgoneta fora localizado polo Mossos e abatido día despois, o resto tamén foran abatidos en Cambrils.