Menores de 12 a 14 anos reciben a segunda dose no recinto feiral de Pontevedra
Publicado o 18/09/2021 14:41
Sen présa pero sen pausa continúa o proceso de vacinación no Recinto Feiral de Pontevedra, onde están citados menores con idades comprendidas entre os 12 e os 14 anos para recibir a segunda dose da fórmula de Moderna. E acoden, acompañados dalgún familiar.
Moi boa resposta para seguir cun proceso de inmunización que chega en pleno comezo do curso escolar, o que se traduce en máis tranquilidade para eles e para o seus proxenitores. O proceso remata cun certificado de vacinación tras completar a pauta.
Hoxe tamén pediran cita unhas 500 persoas para recibir a segunda dose de Pfizer e ademais administraron a terceira dose a persoas inmunodeprimidas. Este domingo seguirán vacinando neste recinto feiral.