CRTVG

Buscar

Xuízo do crime de Chapela: os policías admiten que temeron pola súa vida

Publicado o 09/04/2019 16:45

Segunda xornada do xuízo polo crime de Chapela. O gran protagonista foi un mozo que, despois de ver que o acusado lle disaparara á vítima e a un amigo, non dubidou en seguir o acusado mentres lle ía dando a posición por teléfono ao 112. Mesmo chegou a falar con el para entretelo, algo que resultou fundamental.

Tamén declararon os policías que o prenderon, que manifestaron que non cooperou en ningún momento.

Os policías confirmaron o seu testemuño. Relataron que no momento da detención o acusado levaba as mans ocultas, facendo caso omiso as súas ordes de poñelas á vista. Cando tentou sacar algo da bolsa onde supostamente levaba a arma lista para disparar, os axentes inmobilizáronlle os brazos e conseguiron poñerlle os grillóns. Os policías admitiron que temeron pola súa vida porque os chalecos antibalas que levaban non farían nada contra os disparos dun revólver de gran calibre. Describiron tamén a actitude violenta do acusado en comisaría, onde os insultou, tentou darlles patadas e trabarlles nas pernas. Os axentes manifestaron que o detido sabía o que facía e non presentaba sinais de estar baixo os efectos de substancias.

Os pais e os irmáns do mozo falecido, Daniel Beltrán, tamén declararon nun xuízo en que relataron o duro golpe que a súa morte supuxo para a familia.

 

 

 

Noticias web

09/04/2019