CRTVG

Buscar

Segunda xornada de folga dos traballadores de Alu Ibérica

Publicado o 27/12/2020 13:14

Segunda xornada da folga indefinida dos traballadores de Alu Ibérica, que esixen a readmisión da compañeira despedida por motivos disciplinarios. Este mediodía volveron concentrarse ás portas da factoría. O clima laboral é cada vez máis tenso. Hai intercambio de acusacións entre a empresa e os representantes sindicais, que o día 24 denunciaron o Grupo Riesgo por calumnias e xa traballan en novas accións legais contra o que consideran persecución e acoso por parte da compañía. Os traballadores continúan reclamando que o Goberno e a Xunta interveñan para preservar a fábrica. Mañá reunirase co vicepresidente da Xunta, Francisco Conde.

Noticias web

27/12/2020