CRTVG

Buscar

Segunda xornada de folga con barricadas en Siemens Gamesa nas Somozas

Publicado o 15/12/2020 13:26

Continúan as protestas dos traballadores da factoría que a multinacional Siemens Gamesa ten nas Somozas.

Esta mañá houbo barricadas bloquedando os accesos ao polígono, mentres se reunían en Madrid representantes dos ministerios de Industria e Transición Enerxética, Xunta, empresa e sindicatos.

Os traballadores insisten en que se poña sobre a mesa o plan de viabilidade e piden alternativas que garantan o futuro desta factoría, a única do grupo que fabrica pas eólicas en España.

 

Noticias web

15/12/2020