Segunda xornada da ABAU: o inglés atáscase; a literatura galega, máis fácil do agardado
Publicado o 09/06/2021 15:36
Segunda xornada da ABAU, as probas de acceso á universidade, en que participan máis de 13.000 estudantes. Esta mañá fixeron os exames de lingua e literatura galegas, linguas estranxeiras e matemáticas.
Máis cansos, pero tamén máis tranquilos ca onte, os futuros universitarios enfrontáronse a unha mañá de linguas e matemáticas. A maioría comenta que a proba de lingua e literatura galega foi máis fácil do que agardaban.
Pola contra, a de inglés se lles fixo complicada, sobre todo no apartado de fonética. Nestas probas arriscan o 40% da nota de acceso á carreira. A presión é grande, pero xa queda menos. Algúns rematan esta tarde e outros mañá, e moitos xa saben o que vén despois.