Segunda vitoria consecutiva para a selección masculina de baloncesto en cadeira
Publicado o 26/08/2021 10:40
Debutaron gañando ante Corea do Sur (65-54) e hoxe tombaron a Canadá (78-41)

EFE
A selección de baloncesto en cadeira, actual subcampioa, da que forman parte os galegos Agustín Alejos, Manu Lorenzo e David Mouriz acadou hoxe a segunda vitoria consecutiva en Toquio.
Debutou contra Corea do Sur impoñéndose 65 a 54 con 8 puntos e 9 rebotes de Manu Lorenzo nun partido no que tamén participou David Mouriz.
Hoxe derrotou con solvencia a Canadá 78-41 cunha actuación estelar do capitán Asier García, que anotou 23 puntos. Manu Lorenzo 13 puntos e 8 rebotes e David Mouriz 7 puntos.
Mañá medirase a Colombia ás 7:45 da mañá hora galega.