CRTVG

Buscar

Segunda fin de semana consecutiva de sol, de calor e de praia nas Rías Baixas

Publicado o 06/06/2021 21:19

O aparcadoiro de praia América é o preludio do que veremos no areal de Nigrán. A marea está o máis baixa que pode estar e a praia faise máis espazosa para os bañistas. 25 graos ás sete e media da tarde. Despois dun inverno e dunha primaveira duros climatoloxicamente, por segunda fin de semana consecutiva, o tempo de praia sacou os galegos da casa.

De feito, aínda que na praia había moita xente, tamén a había no paseo e nas terrazas que o areal ten a carón. O motivo, de novo, o coronavirus. Moitos aínda no ven claro iso de poñer o pé na area cando preto hai xente sen máscara.

O sol e as temperaturas en ascenso, ata os 29 graos cara ao venres, continuarán a vindeira semana.

Noticias web

06/06/2021