Seguimos vendo condutas irresponsables a pesar do aumento de casos da covid-19
Publicado o 03/08/2020 14:37
E máis condutas irresponsables. Desta volta en Barcelona. E todo por unha discusión entre dous mozos e a Garda Urbana en plena rúa ante a sorpresa dos bañistas. Os mozos non levaban máscara e estaban bebendo alcol na rúa.
Malia os intentos dos axentes por calmar a situación, non foi posible e os dous rapaces foron, finalmente, detidos por ameazas e resistencia á autoridade.