CRTVG

Buscar

Seguimos cambiando: compramos máis mobles para gardar zapatos

Publicado o 10/06/2020 15:54

O noso mundo detívose, e o noso mundo vai arrancando de novo. Agora a cuestión é cara a onde imos, se isto nos vai cambiar para sempre. 

"Non se pode dicir porque aínda estamos nese proceso".

Un proceso que xa nos trae cambios concretos. Unha tenda de mobles, un cambio detectado: venden moito máis de todo o relacionado coa organización.

"Sobre todo detectamos unha demanda de todo o que ten que ver coa organización. Estamos a vender un 50 por cento máis. E en concreto un 20 por cento", contan en IKEA.

Xa interiorizamos a rutina de quitar os zapatos nada máis entrar na casa. De súpeto adoptamos un costume con ecos do Xapón.

"Creo que é unha rutina que vai quedar establecida para máis adiante", prognostica o sociólogo José Durán.  E apunta o sociólogo outra rutina xa asimilada: a distancia. "A distancia interiorízase como social e agora as persoas xa a gardan".

A dúbida de se estes costumes quedarán esperta debate. Polo de agora, recibimos indicacións constantes.

"Se che din por onde tes que ir pola rúa, que liberdade hai? Pero, vaia...". "A frecha é un instrumento para saír da pandemia".

Opina o sociólogo que temos que deixar de pensar en nós e pensar na comunidade se non queremos dar pasos atrás.

Noticias web

10/06/2020