CRTVG

Buscar

Seguen sen poder rexistrar os bebés froito da xestación subrogada en Ucraína

Publicado o 17/02/2019 20:23
Seguen sen poder rexistrar os bebés froito da xestación subrogada en Ucraína

A embaixada española en Kiev segue buscando alternativas para solucionar a situación das familias que queren regresar a España con bebés froito da xestación subrogada, práctica prohibida pola lexislación do noso país.

Desde o sábado, o Ministerio de Xustiza, despois dunha rectificación, anulaba a instrución que dera aos consulados de permitir rexistrar os bebés en países onde é legal esta práctica, presentando unha proba de ADN que certificase que o pai español é xeneticamente o pai do neno.

A embaixada comprométese a informar individualmente a cada familia sobre a lexislación vixente e as súas posibiliades legais.

Noticias web

17/02/2019