CRTVG

Buscar

Seguen reducíndose os contaxios en España e volve baixar a cifra de mortos ao día

Publicado o 05/04/2020 21:11

Seguen detectándose menos contaxios novos no conxunto de España e continúa reducíndose tamén a cifra de falecidos ao día.

As autoridades sanitarias esperan entrar en poucas semanas na fase de transición, en que pretenden centrarse nos diagnósticos precoces e comprobar canta xente pasou a enfermidade e, en consecuencia, o grao de inmunidade da poboación.

A de 2020 será unha Semana Santa atípica que quedará marcada na memoria de todos. Sen celebracións litúrxicas nin procesións e coa poboación confinada nas súas casas.

Con moita prudencia, as autoridades sanitarias salientan que as cifras invitan ao optimismo. Onte rexistrábanse mil casos de contaxios novos menos ca o sábado. Tamén se reduce o número de falecementos e aumentan as altas.

Os responsables sanitarios esperan superar en poucas semanas máis a fase de contención e din que se están preparando para a transición. E que van comezar por estudar o estado inmutario da poboación.

A pesar da tendencia positiva, o Goberno insiste en non baixar a garda.

 

Noticias web

05/04/2020