Redúcense os casos activos e os hospitalizados, nunha xornada sen falecementos
• Soben os casos nas áreas sanitarias da Coruña (+3) e de Ferrol (+4)
• Non tiñamos menos de 70 ingresados por covid−19 dende o 19 de agosto

Volven baixar os casos activos malia a pequena suba dos positivos detectados onte. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 1.613 persoas con covid−19 no país, 66 menos ca onte, tras 86 novos positivos.
Por áreas sanitarias, a repartición sería a seguinte:
A Coruña: 334 (+3)
Ferrol: 100 (+4)
Lugo: 208 (=)
Ourense: 162 (-2)
Pontevedra: 171 (-15)
Santiago: 222 (-31)
Vigo: 416 (-25)
Menos hospitalizados en planta
A situación nos hospitais mellora lixeiramente respecto a onte. Hai en total 66 persoas ingressadas por mor do coronavirus (-5): 51 en planta (-5) e 15 nas UCI (=).
Onte o Sergas notificou o pasamento dunha muller de 71 anos, que eleva a cifra de vítimas mortais no que vai de pandemia a 2.428. Na xornada de hoxe non houbo que lamentar falecidos.
Sobe a positividade
Aumenta a positividade tamén, aínda que se mantén nos valores baixos habituais dos últimos catro meses. Das 4.157 probas PCR realizadas (-758), deron positivo 85, o casl implica unha taxa de positividade de 2,04 %.
Mapas de incidencia por concellos