CRTVG

Buscar

Novos cribados en Mos ante as infeccións da covid que non deixan de medrar día a día

Publicado o 29/05/2021 13:56

Son xa 96 os casos de covid en cifras absolutas en Mos, catro máis ca o venres nunha localidade con preto de 15.000 habitantes. O concello está hoxe perimetrado desde as cero horas.

Desde o sábado pasado o Sergas organizou aquí tres cribados. Esta xornada desenvolvéronse en dous centros comerciais para facilitar á poboación a realización da proba.

A busca de asintomáticos é o obxectivo destas probas.

A alcaldesa de Mos agradece o esforzo do Sergas e prega á poboación un último esforzo para conter o avance do virus, xa que o perimetrado trae moitos problemas a Mos. 
Tan só no instituto de Mos son trinta e tres os casos confirmados.

Noticias web

29/05/2021