CRTVG

Buscar

Cinco novas mortes nunha xornada de descenso dos casos activos e repunta dos ingresos

Publicado o 10/08/2021 19:53

• Todas as áreas sanitarias restan casos positivos na xornada de hoxe

• As PCR positivas tamén baixan (-8) con respecto ao día anterior

Cinco novas mortes nunha xornada de descenso dos casos activos e repunta dos ingresos

Na tarde do martes, Sanidade notificou cinco mortes vencelladas á covid. As mortes producíronse entre o domingo e o martes. O 8 de agosto falecía unha muller de 87 no seu domicilio, en Láncara. O luns morrían dúas mulleres de 53 e 71 anos no CHUAC e un home de 80 no CHUS.

A última desas mortes tivo lugar hoxe, martes, e trátase dunha muller de 90 anos que morreu no CHUVI. Todos estas persoas tiñan patoloxías previas, segundo apunta Sanidade. Dende que comezou a pandemia faleceron na nosa comunidade 2.499 por mor da covid. 

Galicia supera a quinta vaga cun descenso constante dos casos activos. Na xornada de hoxe, Saúde Pública notificou 353 casos activos menos que no día anterior, restando o número ata as 16.471 persoas con coronavirus.

Tamén seguen a baixar as PCR positivas (-8), cunha cantidade total de 790, en todas as áreas sanitarias galegas, agás na de Vigo, onde soben as persoas contaxiadas por covid ao día en 267.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 4.026 (-72)

A Coruña: 4.599 (-20)

Pontevedra: 2.029 (-80)

Santiago: 1.753 (-51)

Ourense: 1.234 (-41)

Lugo: 1.834 (-80)

Ferrol: 996 (-9)

Por outra banda, soben de novo as hospitalizacións en planta (+5), elevando o número ata as 291. En cambio, as persoas en coidados intensivos descenden (-1), quedando 54 nas UCI. Ademais, Saúde Pública notificou un deceso na xornada de onte, 2.494 desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos