CRTVG

Buscar

Seguen buscando no vertedoiro de Zaldibar despois de atopar un óso humano

Publicado o 17/08/2020 08:49

Os equipos de rescate retomarán hoxe o rastrexo no vertedoiro de Zaldibar, en Biscaia, despois de que onte atoparan restos óseos humanos. En febreiro desapareceran dous traballadores por un derrubamento de milleiros de toneladas de residuos industriais.

Localizouse un óso longo rodeado de tea na zona denominada B1, onde se sitúa a plataforma da báscula. Aquí precisamente é onde se barallaba que podían estar enterrados Alberto Sololuze e Xaquín Beltrán, desde que o pasado 6 de febreiro quedaron atrapados tras o derrubamento.

Josu Zubiaga, viceconselleiro de Seguridade: "Esa zona delimítase como máis probable para poder atopar máis restos. Vaise traballar dun xeito máis cirúrxico, con máis tento, non como nunha escavación de obra como se fixo ata o de agora, e íase facendo mentres non había evidencias que fixesen paralizar o rastrexo. E, por outra banda, é a análise científica do resto atopado".

Os restos estaban a máis de 20 metros, o equivalente a unha altura de oito pisos, e atopáronos despois de mover uns 250.000 metros cúbicos de residuos.

Noticias web

17/08/2020