CRTVG

Buscar

Amplían a zona de busca dos menores que faltan en Tenerife canda o pai

Publicado o 04/05/2021 13:45

Cando vai facer unha semana da desaparición en Tenerife de Tomás Gimeno e das súas fillas -Anna, que ten un ano, e Oliva, de seis- todas as hipóteses seguen abertas, segundo informou o delegado do Goberno en Canarias.

A busca por mar trasladouse máis ao sur da zona, onde apareceu á valga o barco do pai das menores seguindo a ruta marcada polas correntes mariñas.

Esta noite fará sete días da desaparición en Tenerife das pequenas Anna e Oliva, que teñen un e seis anos, xunto ao seu pai, Tomás Gimeno, que lle debera entregar as pequenas a súa nai, da que está separado.

Axentes da Garda Civil e persoal de Salvamento Marítimo continúan buscando por terra, mar e aire os tres desaparecidos. A xuíza de Güimar que se encarga de investigar o caso abriu dilixencias previas contra o pai das menores pola suposta comisión dun delito de secuestro e decretou o segredo do sumario.