CRTVG

Buscar

Seguen buscando a anciá desaparecida en Amoeiro hai case unha semana

Publicado o 01/12/2020 13:54

O fillo de María do Carme Rodríguez Almansa, de 88 anos, foi a última persoa que estivo con ela, a noite do mércores pasado. A asistenta de axuda a domicilio que acudiu ao outro día á súa vivenda de Trasalba, en Amoeiro, xa non a atopou na casa.

Desde aquela, efectivos de Protección Civil, da Garda Civil e mais os veciños andan á súa procura con motos, cans e cabalos para chegaren aos sitios máis inaccesibles. Peitearon repetidamente o lugar de Trasalba e os seus arredores, vivendas abandonadas, o monte e as leiras da muller, pero non atoparon rastro ningún.

Agora agardan instrucións da Policía Xudicial. María do Carme ten os ollos verdes e o pelo longo e branco. É moi delgada, mide arredor dun metro cincuenta e padece deterioración cognitiva.



 

Noticias web

01/12/2020