CRTVG

Buscar

Seguen baixando os casos activos nas residencias de maiores

Publicado o 30/03/2021 12:36
Seguen baixando os casos activos nas residencias de maiores

Galicia rexistra este martes un total de trece casos activos de covid-19 nas residencias de maiores. Son dous menos ca este luns.

Segundo os datos facilitados polo Sergas, nas últimas vinte e catro horas non se detectaron novos positivos e deron negativo dúas persoas que estaban infectadas: un usuario do centro de Santa Mariña, en Xinzo de Limia, e un traballador da residencia Coviastec de Silleda.

Neste último xeriátrico, onde se detectara un gromo, continúan contaxiados once residentes e un empregado. Ademais, hai un positivo no cadro de persoal da residencia de Oleiros.