CRTVG

Buscar

Seguen aumentando os casos no Reino Unido, a pesar do confinamento estrito

Publicado o 11/01/2021 16:35

A situación é crítica nos hospitais ingleses. Alí cumpren agora unha semana de confinamento estrito.

Nestes últimos sete días confirmáronse máis de 400.000 novos contaxios e o número de mortos superou os 80.000. O Goberno decidiu habilitar desde hoxe sete centros de vacinación masiva co obxectivo de ter vacinadas 15 millóns de persoas para mediados de febreiro.

Tamén desde hoxe o Goberno esixirá unha proba PCR negativa a todos os viaxeiros que queiran entrar en Inglaterra, incluídos os cidadáns do resto do Reino Unido.

Noticias web

11/01/2021