CRTVG

Buscar

Seguen as negociacións no Concello e na Deputación de Ourense

Publicado o 10/06/2019 15:54

A días de que se constitúan os concellos, hai polo menos dez alcaldías da provincia de Ourense pendentes de pactos. Entre elas, a da cidade. Santiago Rodríguez, o número dous da lista do PP no concello de Ourense, non tomará posesión da acta de concelleiro o vindeiro sábado. Renuncia, di, polos malos resultados acadados.

Movementos que deixan aínda máis incertezas para o futuro do goberno da cidade de Ourense. Moito ruído, fálase xa de pactos pechados, de mais dimisións, pero, polo momento, nada oficial sobre quen será o novo alcalde os vindeiros catro anos. Tamén continúan os contactos de Manuel Baltar para manter a Deputación de Ourense. Agarda convocar o pleno de constitución a finais de mes. Segue coa man tendida e sen vetos. Asegura que non dará un paso ao lado.

Alberto Núñez Feijóo acaba de apuntar que o Psoe mantén a estratexia de impedir que goberne a lista máis votada.





 

Noticias web

10/06/2019