CRTVG

Buscar

Seguen os labores de extinción do incendio de Monterrei, o máis grande deste verán en Galicia

Publicado o 25/07/2020 21:41

Un amplo despregamento de medios segue a traballar na extinción do incendio forestal de Monterrei, que xa leva queimadas segundo as estimacións provisionais de Medio Rural máis de 450 hectáreas, o que o converte no maior incendio deste verán en Galicia. Esta tarde Conselleiro de Medio Rural, José González visitou a zona e confirmou que se trata dun incendio provocado.

9 helicópteros e 12 avións traballan sen denscanso para controlar o incendio forestal de Monterrei, que se convertei xa no máis grande de toda Galicia. Unha extinción que está aa ser moi complicada polas condicións metereolóxicas. O Conselleiro de Medio Rural achegouse á zona e pediu a colaboración cidadá para dar cos autores dun incendio claramente provocado e intencionado.

Segundo as estimacións prvisionais este incendio queimou máis de 450 hectáreas, moitas parcelas agrícolas, viñedos, carballos, castiñeiros e tamén colmeas. Xa están controlados os incendios de Verín cunha superficie afectada de 144 hectáreas e tamén deron por controlado o de Viana do Bolo que queimou unhas 250 hectáreas de monte. Lembren, se ven un incendio forestal chamen ao 085 e para dar información ou denunciar incendiarios teñen o número 900 815 085. En total este lumes queimaron 844 hectáreas na provincia de Ourense.





 

Noticias web

25/07/2020