CRTVG

Buscar

Controlados os incendios que calcinaron 490 hectáreas en Salvaterra e Folgoso do Courel

Publicado o 14/06/2021 08:12

Medio Rural dá por controlados os dous incendios forestais que afectaron nas últimas horas a Folgoso do Courel e Salvaterra de Miño. Este último, na parroquia de Uma, queimou máis de 330 hectáreas e afectou tamén a Mondariz e Covelo. Chegou a decretarse o nivel dous de alerta por proximidade ás vivendas. Isto na provincia de Pontevedra. Na de Lugo, o incendio en Folgoso de Courel, tamén controlado, queimou 160 hectáreas. 

Nos traballos de extinción participaron durante o domingo un técnico, 12 axentes, 50 brigadas, 32 motobombas, dúas pas e dous helicópteros. Investígase se o lume puido comezar como consecuencia da tormenta eléctrica que houbo este sábado a última hora da tarde na comarca.

O incendio en Folgoso do Courel, que comezou a arder na madrugada do sábado, é o terceiro desta temporada na zona, e investigan se puido ser intencionado. Na área afectada traballaron dous helicópteros, oito avións, 19 motobombas, unha pa, 42 brigadas, 12 axentes e un técnico.

Noticias web

14/06/2021