CRTVG

Buscar

Segue o peche cautelar para a extracción de berberecho e ameixa na ría de Muros-Noia

Publicado o 21/09/2021 14:13
Segue o peche cautelar para a extracción de berberecho e ameixa na ría de Muros-Noia

Segue o peche cautelar para a extracción de berberecho e ameixa na ría de Muros-Noia. As análises do Intecmar das mostras tomadas onte, día previsto para o inicio da campaña, seguen a dar niveis altos de toxina lipofílica nas zonas dúas e tres da ría. Tamén as análises privadas encargadas pola confraría de Noia rozan os 140, por baixo dos 160 permitidos, pero as conserveiras solicitan niveis que non superen os 120 microgramos, así que, polo de agora, non vai comezar a habitual campaña marisqueira na ría de Noia.

Noticias web

21/09/2021